Renovada a vía que une tres barrios en Sancovade
TerraChaXa
Esta nova obra tivo un custe total de 24.766,18 euros, incluíndo a limpeza de cunetas e tubaxes e a colocación de nova sinalización vertical

13 Dec 2025
O tenente de alcalde Modesto Renda anunciou a renovación completa da vía que une os barrios da Frouxeira, Malvecín e A Casanova, en Sancovade.
Trátase dunha actuación moi agardada polos veciños e veciñas, "que deixa nova unha das principais vías de acceso ao cemiterio e a igrexa da parroquia", explicou.
Esta nova obra tivo un custe total de 24.766,18 euros, incluíndo a limpeza de cunetas e tubaxes e a colocación de nova sinalización vertical.