Renovado o alumeado da rúa Concello de Sarria de Foz

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O alumeado da rúa Concello de Sarria, da vila focense, foi mellorado con fondos consignados a través dos remanentes das adxudicacións do Plan Único 2019 da Deputación de Lugo.
abanca
14 Ago 2020

O alumeado da rúa Concello de Sarria, da vila focense, foi mellorado con fondos consignados a través dos remanentes das adxudicacións do Plan Único 2019 da Deputación de Lugo. Este feito foi destacado polo alcalde, Fran Cajoto, quen explicou que “é a primeira vez que se fan obras en Foz co remanente do Plan Único. A xestión seria e responsable permite usar recursos dos que descoñecemos que acontecía con anterioridade”.

O rexedor municipal engadiu que “a rúa Concello de Sarrria é unha das arterias principais de Foz e dá acceso a unha zona moi poboada como é a Urbanización As Lagoas, coñecida como As Torres de Foz. O alumeado público que tiña era moi deficiente, composto por lámpadas de sodio de 150 vatios cun elevado consumo enerxético e pouca luminosidade. A obra consistiu na instalación de 11 luminarias con tecnoloxía led de 80 vatios de potencia e na colocación dun novo punto de luz a maiores, o que redunda nunha mellora da iluminación da rúa e nun importante aforro enerxético”.

Fran Cajoto engade que “esta actuación súmase á mellora do alumeado da rúa Eduardo Pondal. A finalidade destras obras é, pouco a pouco e en función dos orzamentos dispoñibles, ir renovando o alumeado público en todo o pobo, de forma que consigamos unha maior eficiencia e unha maior calidade visual nas nosas rúas”.

0.18178415298462