Renovado o vial que une Cal da Pena con Vilariz e O Carboeiro na parroquia vilalbesa de Oleiros

TerraChaXa
A obra consistiu na renovación total do firme de todo o tramo comprendido entre a estrada de titularidade provincial LU-P-6510
foto-obra-oleiros
28 Feb 2025

O tenente de alcalde Modesto Renda anunciou a renovación do vial que une o Cal da Pena, Vilariz e o Carboeiro, na parroquia de Oleiros.

O custe desta nova rexeneración completa foi de 34.415 euros e a obra consistiu na renovación total do firme de todo o tramo comprendido entre a estrada de titularidade provincial LU-P-6510 ao seu paso por Oleiros ata o límite da parroquia co veciño Concello de Cospeito.

Renda contextualizou a gran importancia desta nova actuación por tratarse dun vial "fundamental para as conexións desta parroquia" e avanzou que dende o Concello se están a preparar xa novas actuacións na súa contorna.

⚙ Configurar cookies
0.15946388244629