Renovan a cuberta e os acceso da casa escola de Distriz

TerraChaXa
Trátase dunha actuación, dende hai anos demandada pola asociación de veciños e para a cal o Concello destinou un total de 10.800 euros
escola-de-distriz-renda
18 Nov 2025

O tenente de alcalde de Vilalba, Modesto Renda, presentou en Distriz a renovación total da cuberta e accesos á Escola da parroquia. Trátase dunha actuación, dende hai anos demandada pola asociación de veciños e para a cal o Concello destinou un total de 10.800 euros.

Tal e como explicou, “o obxectivo era pór fin ós problemas de filtracións e humidades e máis dotar a esta infraestrutura duns accesos adaptados ás persoas dependentes”.

E é por isto, que mostrou a súa satisfacción co resultado e agradeceu a colaboración e a confianza de cada un dos membros da asociación.

⚙ Configurar cookies
0.065903902053833