Renovan a vía de acceso ao barrio de Campelas, en Rioaveso

TerraChaXa
Foi unha das demandas da veciñanza na reunión celebrada nesta mesma parroquia
renovacion-campelas-vilalba
9 Apr 2025

O tenente de alcalde Modesto Renda anunciou a rexeneración completa da vía de acceso ao barrio das Campelas, na parroquia de Rioaveso.

Trátase dun novo proxecto de mellora na rede viaria do rural vilalbés, que deixará totalmente renovada unha das vías máis solicitadas pola veciñanza na reunión celebrada nesta mesma parroquia.

Así, o Concello actuará en toda a vía co recargo e nivelación das capas base mediante tratamentos semiprofundos e á súa pavimentación mediante dobre rega asfáltica.

Para financiar esta actuación, dende a Área de Infraestruturas Rurais dispúxose un orzamento de execución por contrata de 6.839,53 euros, que se financiará con cargo ó Plan Único correspondente á presente anualidade 2025.

⚙ Configurar cookies
0.079823017120361