Renovan a vía que une Agadín, O Abeledo e Cal da Pena en Oleiros

TerraChaXa
Esta nova obra de mellora da rede viaria rural tivo un custo de 22.115,21€ e deixa totalmente nova unha das estradas máis utilizadas pola súa veciñanza
modesto-renda-obras
13 Apr 2026

O tenente de alcalde Modesto Renda anunciou hoxe a renovación completa do vial que une os barrios de Agadín, O Abeledo e o Cal da Pena, na parroquia de Oleiros.

Unha moi agardada obra, que tivo un custo de 22.115,21€ e que deixa totalmente nova unha das estradas máis utilizadas pola súa veciñanza.

Renda que, coma sempre, contrastou o día a día dos traballos, explicou que a rexeneración ao completo desta vía era un compromiso fixado na primeira das reunións que celebrou na parroquia.

Así, lembrou que dende a Vicealcaldía seguirá a cumprir os acordos alcanzados cos veciños/as de Oleiros, sendo as seguintes estradas a renovar a pista do Salgueiro, a vía de acceso a Gardamil e a pista que une os barrios de Pedrido e Os Foxos.

0.1122260093689