Renovan a vía que une os barrios da Carboeira e Fontemarín, en Román

TerraChaXa
O obxectivo agora é seguir mellorando as conexións da parroquia, coa inminente renovación do acceso ó barrio de Seivane
barrio-da-carboeira-e-fontemarin
21 Nov 2025

O tenente de alcalde de Vilalba, Modesto Renda, vén de anunciar unha nova mellora na rede viaria rural. Desta volta foi na parroquia de Román e trátase da renovación completa da vía que une os barrios da Carboeira e Fontemarín.

"O Concello dá cumprida resposta ás demandas da veciñanza e a explotación gandeira da zona e o obxectivo agora é seguir mellorando as conexións da parroquia, coa inminente renovación do acceso ó barrio de Seivane", dixo.

⚙ Configurar cookies
0.070590019226074