Renóvase a vía entre Gondaísque e Boizán, "a de peor estado de concello de Vilalba"

O tenente de alcalde Modesto Renda segue centrando esforzos e orzamento na renovación e mellora da rede viaria do rural vilalbés.
Esta vez foi a quenda da vía en peor estado de todo o termo municipal, isto é: a estrada que comunica as parroquias de Gondaísque e Boizán.
Tal e como explicou Renda, esta agardada actuación tivo un custe en suma de 37.725,38 euros cos que se rexenerou totalmente un quilómetro e medio de vía, cun ancho medio de 5 metros totais.
Ademais, o proxecto incluíu a reapertura de cunetas en todo a vía; a colocación de tubaxes de drenaxe co fin de aumentar a vida útil da vía e a rexeneración do firme dun ramal anexo de 200 metros lineais en dirección ao núcleo do Castro.