Renovouse o vial que dá acceso ao barrio do Coto, na parroquia de San Simón de Vilalba
TerraChaXa
O vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, defendeu que "aínda queda moito traballo por diante"
25 May 2024
O vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, vén de anunciar a rexeneración completa do vial que dá acceso ao barrio do Coto, na parroquia de San Simón.
Unha nova mellora na rede viaria de titularidade municipal financiada con fondos do Concello, que incluíu a limpeza de cunetas, o reforzo da base do firme, a pavimentación con dobre rega asfáltica e a colocación de sinalización vertical.
Renda, que contrastou coa veciñanza o antes, o durante e o despois da obra, lembrou que aínda queda moito traballo por diante no que ten que ver coa resolución das necesidades do rural vilalbés.