Rent a Car Mar Cantábrico: “Temos vehículos novos, ben coidados e desinfectados”
Armando e Alberto Rodríguez son dous irmáns con moitos anos de experiencia no sector da automoción. Dispoñen dun sistema de aluguer de coches a particulares e profesionais.
Como decidiron montar unha empresa de aluguer de vehículos?
Somos coñecedores do mercado da automoción, levamos anos prestando servizo aos mariñáns e observamos recentemente que cada vez son necesarios novos servizos que se adapten o máis axilmente as circunstancias de cada usuario.
Que pretenden entón, dar máis flexibilidade ao condutor?
Exactamente, na actualidade as necesidades de servizos de cada persoa son moi cambiantes, cambios de domicilio, de traballo, uns meses ou uns días podes precisar un coche e o mellor a próxima semana ou mensualidade xa non. Así, o cliente escolle o tempo quere quere o vehículo.
Cal é a duración mínima que pode ter un contrato de aluguer?
Evidentemente as tarifas cambian en función da duración do contrato, pode ser de un día, pode ser os días que se queira, por semanas, mensualmente, e tamén se o desexan pode ser a máis longo prazo.
Que tipo de vehículos teñen dispoñibles os clientes?
Pois temos unha flota de automóbiles que vai desde o utilitario, compactos, berlinas e os hoxe tan de moda SUV. Dentro da gama gustaríame destacar que temos un monovolume grande de nove prazas, parécenos que é un vehículo que permite albergar comodamente a viaxeiros pero tamén a súa equipaxe. Moi práctico para viaxes longas, ou de fin de semana, etc... Os nosos coches están coma novos e escollemos versións tope de gala con moi bos acabados, tope de gama e equipan a última tecnoloxía coma faros led, navegador...
Que lles diferencia da competencia?
Pois somos xente da Mariña que enfocamos o servizo de aluguer de vehículos á calidade e atención ao cliente, queremos ter unha flota de vehículos nova, ben coidada, limpa e desinfectada para que o cliente desfrute ao máximo do servizo.
Onde podemos recoller os coches?
Pódese recibir tanto en Ribadeo (avenida Ría de Ribadeo, 20) coma en Foz (Estrada Xeral, 1, Forxán) ou en Xove (Polígono Camba, 31). Así mesmo temos convenio para aquelas persoas que queren recoller o vehículo nos aeroportos de Santiago, A Coruña ou Avilés podan facelo. Deben consultar as condicións previamente. Igualmente á inversa e dicir, unha persoa que recolle o coche na Mariña e finalmente logo do seu uso debe deixalo nalgún dos tres aeroportos mencionados pode facelo.
Falaba da duración dos contratos que se podían facer a máis longo prazo, refírese o cada vez máis de moda denominado renting de automóbil?
Exacto, nós temos a posibilidade de conseguirlles tanto a particulares coma a empresas case calquer marca e modelo que desexan nas duracións que o necesiten. Este tipo de contrato fai que o cliente se desentenda dos traballos que poda dar o mentemento do vehículo xa que nunha mesma cota leva incluído tódolos servizos, incluso o seguro se así o desexa. Despois do contrato de renting o cliente pode decidir se quere quedarse co vehículo que contratou. Temos fórmulas moi flexibles adaptadas a cada circunstancia persoal. O mellor é que chamen e pidan cita para ser asesorados e en función de cada necesidade propoñemos a mellor solución.
É importante o asesoramento neste segmento?
Para nós fundamental. Cada persoa ten necesidades específicas, asesorámolo da mellor forma posible, con transparencia e explicándolle cada cousa, se prefire uns servizos ou outros, se quere un seguro con máis ou menos coberturas, se quere ir a taller oficial, concertado, etc.
Como se atopa a demanda de renting na Mariña?
Noutras zonas xa empeza a estar moi estendido, pero na Mariña aínda é descoñecido, pero penso que é unha alternativa para moitos casos á venda tradicional de automóbiles. Son da opinión de que veu para quedarse xa que hoxe as necesidades son moi cambiantes, tanto para particulares coma para profesionais.