Renuncia o concelleiro do PP de Cospeito Daniel Paz

TerraChaXa
O Pleno de Cospeito deste xoves recolle na súa orde do día a comunicación da renuncia do concelleiro do equipo de Goberno Daniel Paz.
Daniel Paz Armando Castosa e Jesus Novo durante a presentacion da XIX Feira do porco da ceba
25 Xan 2022

O Pleno de Cospeito deste xoves recolle na súa orde do día a comunicación da renuncia do concelleiro do equipo de Goberno Daniel Paz, que deixa a súa acta de responsable das áreas de deportes, feiras, mercados, festas e participación cidadá.

Esta renuncia fíxose pública no día de onte pero non será efectiva ata o día 31 deste mes.

Sobre as razóns da dimisión refírense ao ámbito persoal e rematan cun tempo de dedicación ao Concello que deu comezo hai 15 anos.

No pleno nomearase a un novo concelleiro, neste caso será a seguinte na lista, María Elena Veiga Castro, de Pino, que quedou fóra nas últimas eleccións por unha ducia de votos.

0.17477512359619