Repartidos os premios do Mercado de Nadal de Muimenta
A xunta directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, informou de que durante a XIII Mercado de Nadal repartironse 18.000 rifas entre todos os clientes que tiveron os 29 negocios que participaron nesta edición.
O premio gordo da lotería de Reis recaeu no número 41.665. Polo tanto, as 18 papeletas que se repartiron, rematadas en 665, son agraciadas, cun vale de 100 euros a cada unha delas.
As gañadoras repartíronse en Desexos, Perriquería Velica, Docería Anllo, Super Setti (2), Óptica Filo, Estación de Servicio Lagas, Supermercado A Tenda, Asesoría Suliña, Perruquería Oferial, Bar Alvariño, Panadería Hermo (2), Farmacia Castaño, Frutería Novo, Librería Díaz, Perruquería Raquel e Discoteca Hermo.
Os agraciados teñen de prazo ata o 15 de xaneiro para poñerse en contacto cos negocios que repartiron as papeletas gañadoras ou cos membros das xunta directiva para facer efectivo os correspondentes vales.
Os 18 premios teñen que gastarse antes do mes (dende a súa entrega) nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial de Muimenta. É en total, suman 1.800 euros.