Repartidos os premios do V concurso de recitado poético Rosalía sempre viva
A Casa-Museo Manuel María celebrou a pasada fin de semana unha nova edición do Concurso Escola de recitado poético Rosalía sempre viva cunha gran participación. O xurado, constituído por Eduardo Álvarez González, Anxa González Refoxo e Rubén Pérez Pombo repartiu catro premios noutras tantas categorías.
Na primeira categoría (1º, 2º e 3º de primaria) resultaron gañadoras as alumnas e alumnos do CEIP Albeiros de Lugo, polo recitado dun revolto de poemas animais de Manuel María. Na segunda categoría (4º, 5º e 6º de primaria) o galardón foi para Xulia Arán Paredes, do CEIP Canosa-Rus de Coristanco, polo recitado do poema Nasín cando as prantas nasen... de Rosalía Na terceira categoría (Educación Secundaria) gañou Adrián Fernández Sánchez do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba, polo recitado do poema Si a vernos, Marica, nantronte viñeras de Rosalía. Finalmente, na cuarta categoría (Bacharelato e Ciclos Formativos) o premio foi para Pablo Reñones Lema do IES Auga da Laxe de Gondomar, polo recitado do poema Xan de Rosalía
Tamén recibiron unha mención honorífica Lydia López Neira, na categoría 3, do Colexio A Inmaculada de Lugo, polo recitado de Eu levo unha pena... de Rosalía; na categoría 2, Sara Martínez Quindimil, do CPI de Xanceda, por Adiós ríos, adiós fontes... de Rosalía; e na categoría 1, Daniel Mallo Ríos, do CEIP Canosa-Rus de Coristanco polo recitado do poema de Manuel María Galiza.
O xuri do V Concurso escolar de recitado "Rosalía sempre" viva estivo c