Repartirán en Vilalba material contra a vespa velutina
O Concello de Vilalba repartirá este venres, 25 de marzo, material para a loita contra a vespa velutina. O goberno local proporcionará ditos materiais en colaboración coa asociación de apicultores Serra da Carba.
O reparto levarase a cabo ata agotar existencias no Concello de Vilalba o venres en horario de 18:00 a 21:30 horas.
O Goberno local pretende con esta nova campaña continuar a loita contra esta praga. De feito, coas campañas de 2020 e 2021 reduciuse considerablemente a presenza de velutina en Vilalba, grazas a un importante traballo de trampeo e retirada de niños.
Os datos indican que se está na boa dirección e que a colaboración entre a Asociación de Apicultores, a veciñanza e o Concello de Vilalba debe continuar para seguir progresando no control da vespa asiática.