A paixón pola billarda
Oito equipos da metade norte da península compiten nun deporte tradicional que cada ano gana máis seguidores.
Os xogos tradicionais están de moda e volven ser parte das festas de celebracións tradicionais, especialmente no rural. Con este rexurdir hai dez anos que timidamente comezou a recuperar a práctica da billarda, un xogo de equipo que ten como obxectivo superar a liña do varal coa billarda. Para isto os palanadores ou palanadoras sitúanse na zona de saque e desde alí golpean a billarda, que está no chan, nunha das súas puntas para que se eleve. Cando está no aire hai que darlle outro golpe para desprazala
Con esta sinxeleza o xogo capta adeptos ano a ano e xa son oito os equipos que manteñen viva a esencia da billarda, concentrada na metade norte da provincia, xa que na zona sur hai e houbo algún intento de formar club pero finalmente non se reuniu xente bastante aínda que non se dubida que en pouco tempo esta poda ter de novo presenza na zona.
Hai varias asociacións en Chantada que se interesaron moito pero non hai suficientes xogadores para ter unha zona determinada. Non acabou de xurdir e calquera ano pode empezar porque hai xente no Incio e Chantada interesada ou xogando noutros equipos.
Se hai algo que une a todos os amantes da billarda é unha paixón que os leva a competir unha media dunha vez ao mes por todos os campos da provincia.
OS EQUIPOS
Billarda Verde: Castroverde
Madia Leva: Lugo
Carabullo: Ponte de Outeiro
Chaínzos Cadaval: Castro R. de Lea.
Castiñeiro Milenario: Begonte
Troitas Bravas: A Pontenova.
Remourelle Bulls: Ribadeo.
Billardeiros Musicais: Ribadeo.
Pero esa paixón está moi lonxe de fundamentarse na propia competición, para todos os clubs e xogadores, o máis importante é o ambiente, o compañeirismo, a diversión que os leva a repetir e non deixar de xogar.
Malia ser un deporte antigo non só participan os maiores. De feito, cada vez é maior o número de xogadores menores de 18 anos que se suman a este deporte.
Agora a afección levou aos equipos a crear unha Federación pero non todos queren estar baixos os parámetros ríxidos, polo que prefiren seguir celebrando ao súa competición dunha forma máis libre dentro da Conferencia Norleste, unha liga menos ríxida coa que comezaron a funionar.
Ademais, tamén se celegran os abertos, que son torneos fóra da competición regular onde se poden presentar sós ou por equipos e que se está a convertir nunha actividade habitual nas festas de relevancia.
Pero non todos os clubs son desta idea, xa que algúns creen na necesidade de formalizar a práctica para dispoñer de seguros e manter unhas regras que sen seguridade en especial aos organizadores dos torneos.
Con opinións para todos os gustos, a unión entre eles é total e o obxectivo segue a ser, tal e como coinciden en sinalar, “reunirse e pasalo ben”.
BILLARDEIROS MUSICAIS
CREACIÓN. Billardeiros Musicais xurdiu en 2007 por unha demostración que fixo O Varal nun campamento musical da Asociación Amadores da Música de Ribadeo. Dende aquel mismo momento fixeron un equipo e xa participaron na liga 2007/2008.
XOGADORES. Son arredor de 10 persoas no equipo. Teñen unha infantil de 13 anos, outro de 41 e o resto entre 63 e 83. Son o equipo coa media de idade máis elevada. O número de participantes está algo estancado debido ás baixas pero esperan recuperar en próximas datas.
PALMARÉS. Son o equipo mais laureado da Liga Nacional de Billarda (LNB). Campións da conferencia Norleste nos anos 2008-2010-2012-2013-2014-2015-2016-2017-2018 e 2019. Así mesmo son tricampións nacionais (2008-2015 e 2016). Individualmente teñen sete campionatos absolutos de coanferenica en homes e outros tantos en donas. Igualmente teñen dous tricampións nacionais (MarKytos en absoluto e Geni en donas e un bicampión, Daniel). Varios campionatos tamen na modalidade de varados e títulos na conferencia NorOeste.
OPINIÓN.
- Estanse a facer mostras en distintos colexios e cada vez e mais a xente que se anima a xogar.
- Eu penso que ainda que vas a competir e che gusta gañar, o mellor da billarda e a socialización. Fas amigos e xúntaste con xente de tódalas idades, hai casos donde se xuntan pais, fillos e netos xogando o mismo tempo, esto é algo que so se vé na billarda.
TROITAS BRAVAS
CREACIÓN. Este equipo da Pontenova xurdiu incentivado por unha parella que xogaba xa no Cadaval e que pensou que que mellor manera de seguir xogando que montar un club na súa localidade.
Falaron con amigos e xente vinculada ó equipo de bolos de Santalla e crearon o equipo. Nese momento había límite de xogadores por equipo e tiveron que facer dous conxuntos: Troitas Bravas e Pau de Toxo. No 2011 xa estaban competindo.
XOGADORES. Son arredor de 20 persoas no equipo. Regularmente van aos abertos unha media de 13 persoas. O máis novo ten 7 anos e o maior 64.
PALMARÉS. Este ano quedaron segundos na clasificación por equipos e o xogador Sachas foi terceiro na clasificación xeral individual. Levan varias tempadas quedando entre os tres primeiros na clasificación por equipos, o que lles permite clasificarnos para a Final Nacional.
OPINIÓN.
- A parte máis importante na billarda é a da conservación e difusión deste xogo tradicional.
- O mellor é o compañeirismo que hai entre todos.
- Despois da pandemia volvimos con forza e vimos como a participación aumentou.
- Tamén hai que resaltar a participación infantil que é o futuro deste xogo.
CHAÍNZOS CADAVAL
CREACIÓN. Mario Saaveda Pérez, profesor xubilado que chega á Pastoriza dende Barcelona foi o instigador nas súas orixes, a raíz dun evento de xogos populares. Primeiro creouse o club de bolos Cadaval e despois chegou o de billarda. Posteriomente uníronse a Chaínzos
XOGADORES. Hai 12 na liga nacional de billarda pero son un total de 33 xogadores. Infantís son 4, sénior 15 e veteranos outros 15.
PALMARÉS. Na liga nacional de billarda, obtiveron os segundos e terceiros postos na maior parte das ocasións e a título individual sempre estiveron os seus xogadores entre os dez primeiros.
OPINIÓN.
- O que prentendemos é xogar como federados, con seguro de accidentes e responsabilidade civil.
- Moitos imos xogar á zona da Coruña porque só xogamos en eventos federados. Hai outros que xogan na liga nacional.
- Acuden pais con nenos, avós con nenos. A billarda ten moito futuro pero est pasa por crear a federación.
- O mellor da billarda é a amizade, o compañerismo e a diversión.
CASTIÑEIRO MILENARIO
CREACIÓN. O xermolo do equipo brotou no Festival da Chaira nunha conversa con Ismael de Outeiro. Tanto el como Chousa (os dous de Carabullo) levaban tras eles unha tempada, pero esa tarde de 2019 caeron nas redes da LNB. Pero a semente primixenia plantouna Tonho Randeeira cando lles propuxo un aberto de billarda na primeira edición do Festival 27373.
XOGADORES. Equipo igualitario formado por 12 persoas, cinco homes e cinco mulleres palanadores, aos que se suman o utilleiro (home) e a mánager (muller). As idades están entre os vinte e os pouco máis de setenta.
PALMARÉS. Son, de momento, o mellor equipo de Begonte.
OPINIÓN.
- Non é doado atraer á xente porque é complicado chegar a ela pero unha vez probas e lle das uns, enganchas.
- Sempre comentamos que ese son das madeiras cando golpeas a billarda é moi adictivo.
- Cando xogamos na LNB, aplaudese os puntos dos rivais e celebramos as entradas no varal como se fosen do noso equipo. Outra cousa importante é entrenar e pagar as cañas cando gañas e por suposto xogar. Xogar á billarda é case unha actitude na vida.
CARABULLO
CREACIÓN. Foron os primeiros da Terra Chá en participar. Hai nove anos. Unha entrevista a Xermán Viluba deu o pé para que se foran xuntando amigos pouco a pouco ata formar o club.
XOGADORES. Conta con 14 xoadores que contan dende os 7 anos ata os 55, a maior part de Ponte de Outeiro e Muimenta.
PALMARÉS. Gañaron a liga os dous últimos anos consecutivos. Varios integrantes do equipo teñen o récord de vitoras en abertos e o de anos de campión absoluto con Charly.
OPINIÓN.
- Da igual o resultado, o importante é gañar, tomar as cañas. Quedamos varios equipos para comer.
- Temos un compromiso absoluto, non hai tanta historia. Xogamos un aberto ao mes máis ou menos e se non vas non pasa nada, pero a realidade é que o estás desexando.
- Esta liga, a norleste está autoxestionada de catro amigos e este ano xogamos un total de 160 persoas. Non estamos na federación, non está vinculada a ningunha institución que a respalde ni a goberne.
REMOURELLE BULLS
CREACIÓN. Os Remourelle Bulls naceron na parroquia homónima de Ribadeo e concretamente na Taberna Lola alá polo ano 2006. Despois o equipo foi mudando de xogadores xa que por motivos de traballo fóronse reducindo os equipos que había daquelas.
XOGADORES. Son arredor de oito xogadores os que acuden regularmente a xogar. Un equipo pequeno en comparación con outros da liga. A máis nova ten 21 e o máis maior 75 anos. Ao principio houbo outros equipos como o Safari, o Pena Verde, etc, pero que despois de quedarse sen xogadores integráronse no club.
PALMARÉS. Equipo que non rexistra un amplo palmarés porque “non xogamos para gañar senón porque nos gusta compartir vivencias e diversión” aínda así teñen algún título de campión como club e gañadores individuais no seu haber.
OPINIÓN.
- Compartimos vivencias con persoas que posiblemente senón xogaramos á billarda pois non compartiríamos nunca.
- A billarda saíu para nunca máis volver da angustiosa cova do esquecemento.
- O futuro vai ser longo se seguimos pensando que é un xogo de amigos e sen intereses económicos. Por iso estamos actuando en campamentos de verán ou en colexios e traendo con nós a todos os nenos e que vexan como se xoga e que se involucren.
- A partir deste deporte saíron proxectos moi bonitos como grupos de música ou a creación dun disco de música sobre temática billardeira.
MADIA LEVA
CREACIÓN. A LNB non xurdiu na capital, xurdiu na Mariña e foise espallando. E, dende o centro do Madia Leva decidiron que eles tamén querían participar desa proposta e vincularse no proxecto da LNB e que na cidade de Lugo tiña que haber un equipo desde que se fixo o primeiro aberto na cidade. O equipo naceu no 2008. Estivo en funcionamento ata o 2014 e entre o 2014 e o 2018 tivemos un parón. No 2018 retomaron xa sen parar.
XOGADORES. Son arredor de 20 persoas no equipo, dende xente xubilada ata nenos e nenas. Os máis noviños teñen 7 e 8 anos.
PALMARÉS. Ata o de agora teñen algún premio individual pero como equipa, non. “Somos modestas pero entusiasmadas”, din.
OPINIÓN.
- Hai quen o considera deporte, hai quen o considera xogo.
- Para nós é un logro que este ano tivéramos abertos de case 100 persoas.
- Unha das mellores cousas é o ambiente que se crea cos compañeiros e as compañeiras da billarda.
- Ti vas a un festival como Pardiñas, ou en Begonte, e vas a desfrutar e a billarda é un ingredente máis.
- O maior logro é que se vaian unindo nenos e nenas, que ao fin e ao cabo, é o futuro para que non se perda o xogo.
BILLARDA VERDE
CREACIÓN. O equipo xurdiu do centro social de Castroverde, A Chave das Noces. Xa cando inauguraron o centro social, se fixo un aberto de billarda e decidiron crear un equipo e entrar na liga. Hai 5 anos.
XOGADORES. Agora mesmo están en cambio, porque estaba o equipo de Pol, que se desfixo. E moitos dos que están agora eran dese equipo e agora xogan con Billarda Verde. No equipo son uns 13 xogadores, entre os 30 e os 50 anos.
PALMARÉS. Non contan actualmente con ningún título. “Somos dos de abaixo. Por non ter, nin gañamos tampouco nunca un aberto”.
OPINIÓN.
- O futuro é boísimo. A xente canto máis proba, máis lle gusta.
- Hai un ambiente moi bo e unha rivalidade de xogo, a xente intenta gañar pero, no fondo, é secundario.
- Ese tipo de falta de competitividade, que non haxa cartos polo medio da que funcione moi ben a auto-organización.
- Funcionamos moi ben sen necesidade de institucións.