Reportaxe: Ampla oferta educativa en actividades agrarias

TerraChaXa
O IES da Terra Chá José Trapero Pardo, ubicado en Castro de Rei, conta cunha ampla oferta educativa en actividades agrarias,
estudos agrarios ies terra cha 1
25 Abr 2021

O IES Terra Chá de Castro de Rei ofrece formación técnica para o futuro do rural galego

O IES da Terra Chá José Trapero Pardo, ubicado en Castro de Rei, conta cunha ampla oferta educativa en actividades agrarias, é un dos centros de formación máis destacado neste ámbito.

Conta con tres ciclos formativos, un de FP Básica en actividades agropecuarias, un ciclo de Grao Medio en Aproveitamento e conservación do medio natural e un

ciclo de Grao Superior en Xestión forestal e do medio natural. Estos ciclos capacitan aos seus alumnos en operacións e actividades agrogandeiras como son os cultivos agrícolas, o manexo do gando, a repoboación forestal, a conservación ambiental, ou a prevención de incendios entre outras moitas.

“Todos estes cursos de FP son continuos, é dicir, pódese rematar un e comezar outro sen ningún problema”, di Óscar Engroba o vicedirector do centro, “contamos con bastantes alumnos, este ano o número en FP Básico é de 10, en 1º do CM son 8 e en 2º 5 alumnos; o CS está practicamente completo e en 1º hai 18 alumnos e en 2º 20.

Estamos incrementando o numero, este é o terceiro ano que se está a facer o Ciclo Medio”.

Estes estudos teñen bastantes saídas profesionais “entre o 60% e o 70% dos rapaces que rematan os ciclos medio e superior atopan traballo relacionado co sector no primeiro ano despois de rematar”, di Engroba, “o que pasa que no CS ultimamente entran moitos rapaces para acabalo para ser axentes forestais, xa que para este posto hai que ter o Ciclo Superior de Forestais e incluso agora estanse anotando moitos traballadores que xa son axentes forestais porque precísano para ser do grupo B e agora mesmo son do grupo C, é dicir, aumentar de categoría. Por iso quizais estamos tendo moitos rapaces, digamos reciclándose para aumentar de escala no caso da Xunta ou para futuras oposicións”.

En Galicia hai moita demanda de traballadores forestais, “sobre todo especializados en manexo de maquinaria pesada como procesadoras, autocargadores, etc. hai moita demanda en traballadores de monte”, engade o vicedirector.

O IES da Terra Chá conta cunhas instalacións de primeiro nivel que inclúen tres invernadoiros, umbráculo, taller agrario, almacén de maquinaria, e fincas exteriores para a realizacion das practicas.

Os alumnos tamén fan visitas e traballos en diferentes lugares, nesta tempada os de primeiro de FP Básica estiveron a facer un horto para que disfruten os nenos de Educación Infantil do Veleiro do Campo. E o alumnado de segundo curso de Ciclo Medio e do Ciclo Superior visitou ao centro de coordinación provincial de incendios (CCP) con demostración de uso de drons e visita a GUIFOR (distribuidor John Deere de maquinaria forestal).

estudos agrarios ies terra cha
0.20034694671631