Representación de 'A croa dos chairos' en Castro Ribeiras de Lea

TerraChaXa | LugoXa
A casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea acollerá a representación da obra A croa dos chairos, a cargo da Escola de Teatro Castro de Rei.
teatro a croa dos chairos castro de rei portada
7 Mar 2023

A casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea acollerá de novo a representación da obra A croa dos chairos, que estará ao cargo da Escola Municipal de Teatro Castro de Rei.

A representación terá lugar este sábado 11 de marzo a partir das 20.30 horas. Trátase dunha obra de Guillermo Cancelo.

A Croa dos Chairos é unha comedia sobre a historia do pobo Chairo que habita na Croa de Viladonga. Segundo relata a sinopse da obra, é o ano 34 e os Chairos viven á marxe da expansión do cristianismo e dos cambios que acontecen por toda Europa, mesmo en lugares tan pretos deles como é a cidade de Lucus Augusti… O enfrontamento entre pobos e culturas é inevitable.

a croa dos chairos castro
0.080502986907959