Representación teatral familias en Guitiriz

TerraChaXa
A Casa Habanera acollerá o próximo mércores 26 de agosto a partir das 12:30 horas a actividade de dinamización con música e teatro Contos para caghar patatillas, levada a cabo dentro da programación do proxecto Ler conta moito.
Captura de pantalla 2020 08 18 a las 15.30.36
18 Ago 2020

A Casa Habanera acollerá o próximo mércores 26 de agosto a partir das 12:30 horas a actividade de dinamización con música e teatro Contos para caghar patatillas, levada a cabo dentro da programación do proxecto Ler conta moito.

"Quen ten cu, ten medo. Iso non é malo : é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo. Diso falan estes contos, cheos de música, de humor, de efectos especiais, de participación do público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis. Historias que falan de pedras que se converten en xigantes, un romance galego que canta a aposta de dous amigos nun cemiterio, un león e unha elefanta no medio da noite na sabana africana, unha nena que escoita por vez primeira a tormenta... Historias que saen dunha vella maleta escondida no faiado nunha noite de inverno".

É unha actividade pensada para un público infantil maior de 5 anos e as prazas para asistir son limitadas. Os interesados ou interesadas en participar deben chamar ao teléfono 982 370 109

_LER CONTA MOITO  CONTOS PARA CAGHAR PATATILAS (1)_page 0001 (1)
0.11161208152771