Representación teatral para todos os públicos este venres en Xermade
TerraChaXa
A obra poderá verse na nave de Momán a partir das 18.00 horas con entrada libre
Cartel
1 Sep 2024
Dentro do programa Dinamizartj, a nave de Momán acollerá este venres, 6 de setembro, a representación da obra Arbolito y la Abubilla, unha peza de Ajayú dúo dirixida a público familiar.
A obra poderá verse a partir das 18.00 horas con entrada libre.
Arbolito y la Abubilla é un conto musical orixinal de Ajayú Dúo, cantado nun divertido concerto interactivo para gozar en familia. Arbolito é o personaxe principal do conto e a narradora é a Abubilla. Unha historia de transformación persoal que reivindica a necesidade de dedicar o noso tempo ao que amamos.