Representan en Meira 'Libre como os paxaros'
TerraChaXa
A compañía Teatro do Atlántico presentará a obra Libre coma os paxaros o xoves 14 de abril, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Meira.

7 Apr 2022
A compañía Teatro do Atlántico presentará a obra Libre coma os paxaros o xoves 14 de abril, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Meira.
Nesta obra faise un repaso da orixe, da vida, do pensamento e da superación persoal de Rosalía de Castro, en primeira persoa.
Está organizado pola Asociación Cultural Eme de Meira en colaboración co Concello e a Deputación Provincial.
A entrada é de balde e está dirixida a público xuvenil e adulto.