Representan en Muras 'A Pita Xefa' este xoves no colexio

TerraChaXa
Editada por Baía Edicións gañara o III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
a-pita-xefa-cartel
Cartel
19 Xuño 2024

Este xoves, 20 de xuño, volve a Muras Borja Insua coa súa compañía Títeres Alakrán, adaptando a obra de títeres de Marta Lado A Pita Xefa.

Editada por Baía Edicións gañara o III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021). O xurado dixo dela “é unha historia orixinal, divertida e reivindicativa sen caer en dogmas nin estereotipos (…)”.

Malia ser no colexio está aberta ao público. Está convocada para as 11.00. horas.

0.18245387077332