Representan en Vilalba unha adaptación da vida do Lazarillo de Tormes

TerraChaXa
A actividade forma parte do programa Camiño Escena Norte
teatro-lazarillo-vilalba
27 sep 2024

A obra de teatro Anónimo. A vida do Lazarillo de Tormes e das súas fortunas e adversidades chega a Vilalba a man da compañía cántabra Hilo Producciones e dentro do programa Camiño Escena Norte.

Dirixida tanto a un público xuvenil como adulto, esta comedia é axil, fresca e convida á reflexión. A representación terá lugar hoxe venres, ás 20.30 horas, no auditorio con entrada gratuíta previa retirada de convites en entradasvilalba.com.

0.1866819858551