Repuntan os casos en Lugo tras varias semanas de continua baixada
Tras unha longa tempada reducindo o número de casos activos de coronavirus na provincia, as últimas 24 horas rexistraron un repunte de casos ata os 494, once máis que o día anterior e 32 menos que hai unha semana.
O que si se rexistrou é nestes últimos sete días un aumento da hostpialización. Mentres continúa 5 persoas ingresadas na UCI, 26 están en planta, fronte ás 22 que había hai una semana. A práctica totalidade dos casos está no Hula e hai 1 na Mariña, 2 en Monforte e 1 no Polusa.
Tamén rompeu o ritmo de falecementos e esta semana rexistráronse dous ata acadar os 91 que hai actualmente.
Tamén rexistráronse 127 casos novos nesta última semana e déronse 157 altas.
O municipio da capital da provincia é o que ten máis casos e agora mesmo foi calificado polas autoridades sanitarias como de nivel amarelo mentres que a incidencia no resto é tan baixa que todos están cartalogados como nivel verde. Tamén se deron outros pequenos gromos noutras zonas consecuencia de comidas familiares e en Lugo outra festa volveu sementar a polémica.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.264, deles 757 son da área da Coruña, 494 da de Lugo, 1.351 da de Ourense, 573 da de Pontevedra, 433 da área de Vigo, 552 da de Santiago, e 104 da de Ferrol.
Se comparamos con hai unha semana hai 63 casos activos máis debido principalmente a Ourense onde hai varios gromos activos que obrigaron ás autoridades sanitarias a tomar medidas de restricción de movementos.
Do total de pacientes positivos, 38 están en UCI (2 mái que hai una semana), 187 en unidades de hospitalización (20 menos) e 4.039 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.106 persoas curadas (1.717 máis), rexistrándose 776 falecementos (27 máis).
As residencias continúan sendo un foco de contaxio con 105 casos máis de usuarios contaxiados ata os 418 actuais e os mesmos profesionais que hai una semana, 133.