Requeijo explica a política enerxética de Muras na Universidade Rey Juan Carlos

TerraChaXa
O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, foi convidado a unha xornada da Ecodes en Madrid como exemplo de política enerxética
politica enerxetica muras
22 Mar 2023

A política enerxética do Concello de Muras segue a ser un exemplo e fenómeno de estudio polo que o alcalde, Manuel Requeijo,  foi un dos convidados a participar nunhas xornadas sobre como garantir a armonía entre a implantación das renovables e o respecto polo territorio organizadas por Ecodes na Universidade Rey Juan Carlos.

A sesión terá lugar o xoves 30 de marzo, a partir das 11.00 horas. Nun primeiro momento presentarase o informe Análisis de los aspectos claves de protección de la biodiversidad y socioeconómicos para garantizar la armonía entre los proyectos de energías renovables y el territorio, e a continuación terá lugar unha mesa redonda sobre boas prácticas, entre a que figura a xestión muresa.

Ante un aumento no protagonismo local neste eido, o rexedor falará a experiencia pioneira que protagoniza este concello e que levou a unha notable redución da factura eléctrica para veciñas e veciños.

Explicou o caso do concello de Muras. Con algo máis de 163 km cadrados e 636 habitantes, ten unha potencia eólica instalada de 485 MW repartidos en 15 parques eólicos e 381 aeroxeradores das empresas Acciona, Endesa, HEI do Arnoya SL, Iberdrola e Norvento. Estes parques, dende hai uns anos, permiten abaratar o recibo doméstico da luz —o 50 % do orzamento do Concello procede do vento—, pero teñen tamén un importante impacto económico, social, territorial e enerxético na vida dos veciños. Así o analiza o libro Enerxía eólica en Muras, editado recentemente polo Observatorio Eólico de Galicia e o propio Concello. Nel, un grupo de traballo da Universidade de Vigo recompilou toda a información existente sobre a dinámica eólica no noso concello e dá conta tamén do negocio que supón para as empresas que os xestionan.

O alcalde explicará o cambio que se prouxo coa chegada dun novo equipo de goberno en 2015, para que os beneficios da enerxía eólica tamén redundasen nos veciños. Unha decisión política que tivo eco e repercusión en medios galegos e do resto do Estado, xa que non tiña precendentes que os impostos que xeneren os parques éolicos revertisen ao 100% na zona onde se ubican.  A decisión foi que os recursos fosen a subvencionar actuacións que mellorasen a calidade de vida xeito directo, polo que o concello decidiu subvencionar o recibo doméstico da luz cun tope de 600 euros anuais, en principio destinados ás persoas con rendas inferiores a 15.000 euros ao ano.

0.1737368106842