Resístese a vitoria para o TDM Basanta Souto en Terceira Nacional

TerraChaXa
O Tdm Basanta Souto desprazouse a Ribadeo para enfrontarse ao Tdm Ribadeo Carneros.
22 Out 2017

O Tdm Basanta Souto desprazouse a Ribadeo para enfrontarse ao Tdm Ribadeo Carneros. O primeiro punto empezou con bo sabor de boca pois Jorge Trastoy estivo a piques de conseguilo, pero a pouca fortuna nas vantaxes fixo que caera do lado dos de Ribadeo, perdendo por un moi apertado 3-2.

Despois xa non houbo máis que unha cor, a dos xogadores de Ribadeo que se impuxeron por 4-0. A primeira vitoria en terceira está a poñerse moi cara, pero "con traballo e algo de fortuna chegarán os resultados", segundo destaca Javier Bañobre que destaca o traballo de Jorge "que fixo un gran xogo moi veloz e moi táctico".

Pola súa banda, na Segunda galega, unha de cal e outra de area en Narón. Se o primeiro partido ante o Narón Pena Lopesa perderon os vilalbeses por 4-1, no segundo encontro ante o Narón Óptica Valeo gañaban por un 4-1.

A vindeira fin de semana a liga sufrirá o primeiro parón debido á celebración do torneo zonal clasificatorio para o campionato de España que se celebrará en Lalín e no que o Tdm Vilalba contará coa participación de Hugo Fernández.

0.14162707328796