Restablecida a circulación despois de 15 horas interrompida por un descarrilamento en Viveiro
O tráfico ferroviario entre Ferrol e Ribadeo quedou restablecido o sábado, día 3, antes das 14 horas, segundo informou Adif, tras 15 horas interrumpido polo descarrilamento dun tren de Feve en Viveiro.
En concreto, a circulación estivo cortada á altura da parroquia de Celeiro despois de que descarrilase un vagón no que viaxaban 16 pasaxeiros que resultaron ilesos. O accidente foi provocado por un despredimento de pedras e terra sobre a vía pola que circulaba o tren que cubre a liña Ferrol-Ribadeo, en dirección a esta segunda localidade.
A saída de vía do vehículo foi ás 21.30 horas da noite do venres e segundo Renfe non tivo maiores consecuencias ao resultar ilesos todos os pasaxeiros, que foron trasladados por estrada á vila ribadense.
Os servizos de emerxencia axudaron a saír da vía aos ocupantes do tren e os acompañaron ata a estrada máis próxima, onde foron recollidos por taxis, enviados por Renfe ao redor da medianoite.