Restauran na Pastoriza o cruceiro de Vián
Durante este mes, o Concello da Pastoriza estivo facendo diferentes obras de reparación noutros tantos puntos do termo municipal.
Unha das actuacións foi a restauración e colocación do cruceiro de Vián, para cuxa obra contouse coa colaboración dun dos maiores especialistas na materia de toda Galicia, Mario Saavedra. Por outra banda, tamén se fixo a limpeza e roza do paseo fluval de Bretoña e o campo da festa de Fonmiñá.
Neste mesmo grupo de intervención, tamén de realizou a tala dos arredores da escola de Álvare. Ademais, durante esta semana procedeuse á retirada dos plásticos de silos agrarias, seguindo o programa habitual do Concello.
Ademais, engádese á listaxe de traballos realizados este mes a limpeza e roce dos colexios de Bretoña e Pastoriza, teleclube e campo da festa de Bretoña, campo de bolos de Loboso, Castro de Saa, escolas de Corbelle e Álvare.