Resultados da fin de semana do Club de Tenis Basanta Souto
TerraChaXa
O Club de Tenis de Mesa Vilalba retomou a competición tras un parón no nadal co enfrontamento ao Club del Mar da Coruña, onde perdeu por un contundente 4-1.
17 Xan 2018
O Club de Tenis de Mesa Vilalba retomou a competición tras un parón no nadal co enfrontamento ao Club del Mar da Coruña, onde perdeu por un contundente 4-1. Os xogadores vilalbeses puideron conseguir algún punto más e poñerllo difícil aos locais pero non foi así.
Pola súa banda, o club TDM Basanta Souto A participou na Segunda Galega e no Mato Vizoso enfrontouse ao Breogán Oleiros E a o Breogán Oleiros D, que ocupaban a primeira e segunda praza da clasificación, respectivamente. No primeiro partido, o líder mostrouse moi sólido e derrotou ao xogadores do Basante Souto por 4-1. No segundao partido foron os vilalbeses os que gañaron por 4-2.