Retorta, en Friol, celebra as súas patronais

A localidade de Retorta, en Friol, acollerá a fin de semana do 9 e 10 as festas na honra á Virxe do Carme. Haberá unha previa o venres 8, cunha churrascada e unha verbena a partir das 22.00 horas, a cargo do solista Javi Show.
O sábado 9, a xornada festiva dará comezo ás 13.30 horas cunha misa solemne, procesión e sesión vermú con Fuxsión Latina como protagonista, que fará unha dobre sesión na verbena da noite xunto a Dani Pardo.
O domingo, o oficio relixioso será á mesma hora, con procesión e sesión vermú co dúo Son de Festa, que serán os encargados de dar por rematada a festa coa verbena da noite, que será a partir das 22.0 horas.