Retrasan o inicio das actividades socioculturais en Begonte

TerraChaXa
O Concello de Begonte comunicou aos seus veciños que as actividades socioculturais e deportivas previstas para o curso 2020/2021 retrasan o seu inicio "para levarse a cabo coas máximas condicións de seguridade, que esixen a adaptación de espazos e dotación de medios nos nosos locais municipais".
8831345a f4d9 4516 96f3 9edfac30c4b1
28 sep 2020

O Concello de Begonte comunicou aos seus veciños que as actividades socioculturais e deportivas previstas para o curso 2020/2021 retrasan o seu inicio "para levarse a cabo coas máximas condicións de seguridade, que esixen a adaptación de espazos e dotación de medios nos nosos locais municipais".

O obxectivo destas actividades, que organiza o propio Concello, e que podan celebrarse o antes posible polo que comunicaron que se inciiarán "sempre e cando a evolución da pandemia o permita".

O Concello conta normalmente con actividades como fútbol, patinaxe e tenis para os máis pequenos mentres que os maiores disponñen de informática, pintura, ximnasia ou memoria.

117794227_1419334824918376_211165588427423711_n
0.076536893844604