Reunión anual de ex alumnos da academia de Santa María

TerraChaXa
Ex alumnos da academia Santa María de Vilalba celebra este mércores, 24 de agosto, a súa xuntanza anual, que vai xa pola XII edición.
reunion ex alumnos academia santa maria vilalba portada
reunion ex alumnos academia santa maria vilalba portada
21 Ago 2022

Ex alumnos da academia Santa María de Vilalba celebra este mércores, 24 de agosto, a súa xuntanza anual, que vai xa pola XII edición.

Esta terá lugar no Parador de Turismo da localidade e consistirá nun xantar para o que se require inscrición previa.

Os antigos alumnos da Academia Santa María de Vilalba publicaron no 2018 a web na que recollen anacos da historia desta academia, que tivo un especial papel na formación secundaria de centos de vilalbeses despois da desaparición do Instituto que funcionou no edificio do Hospital os anos trinta do pasado século, concretamente desde os anos 40 aos 70.

reunion ex alumnos academia santa maria vilalba
0.15725207328796