Reunión en Meira do programa Xuntos pola compostaxe

TerraChaXa
Meira acollerá mañá, 26 de marzo, unha acción formativa e a entrega de material do proxecto Xuntos pola compostaxe.
xuntos pola compostaxe portada
25 Mar 2021

A casa da Cultura de Meira acollerá mañá, 26 de marzo, ás 17.00 horas, unha acción formativa e a entrega de material do proxecto Xuntos pola compostaxe que promoven de forma conxunta os concellos de Pol, A Pontenova, A Pastoriza, Meira, Ribeira de Piquín e Riotorto.

O obxectivo do programa é reducir a fracción orgánica dos residuos.

O proxecto está pensado para a participación de preto de 1.000 veciños, repartidos entre os 6 concellos, que recibirán de forma gratuíta os correspondentes medios materiais para a elaboración de compost, ao mesmo tempo que recibirán formación na materia e asesoramento continuado durante o proceso.

Para participar pídese como único requisito dispor dun espazo de horta ou xardín de 50 metros cadrados e comprometerse a facer un uso responsable do composteiro.

xuntos pola compostaxe meira
0.18824195861816