Reunión en Pol para tratar sobre compostaxe

Pol
TerraChaXa | LugoXa
Mosteiro acollerá o próximo martes, 16 de marzo unha acción formativa e a entrega de material do proxecto Xuntos pola compostaxe.
xuntos pola compostaxe portada
11 Mar 2021

O centro sociocultural de Mosteiro acollerá o próximo martes, 16 de marzo, ás 17.00 horas, unha acción formativa e a entrega de material do proxecto Xuntos pola compostaxe que promoven de forma conxunta os concellos de Pol, A Pontenova, A Pastoriza, Meira, Ribeira de Piquín e Riotorto.

O obxectivo do programa é reducir a fracción orgánica dos residuos.

O proxecto está pensado para a participación de preto de 1.000 veciños, repartidos entre os 6 concellos, que recibirán de forma gratuíta os correspondentes medios materiais para a elaboración de compost, ao mesmo tempo que recibirán formación na materia e asesoramento continuado durante o proceso.

Para participar pídese como único requisito dispor dun espazo de horta ou xardín de 50 metros cadrados e comprometerse a facer un uso responsable do composteiro.

xuntos pola compostaxe pol
0.086983919143677