Ribadeo abre o prazo para participar no Mercadiño de Nadal

TerraChaXa | AMariñaXa
Ribadeo abre o prazo para participar no Mercadiño de Nadal que será entre o 19 de decembro ao 5 de xaneiro.
23 Nov 2020

O Concello de Ribadeo desenvolverá este ano por vez primeira o Mercadiño de Nadal, coincidindo coas datas propias do Nadal. Terá lugar entre o 19 de decembro ao 5 de xaneiro, estará destinado a persoas artesáns, creadoras e produtoras  e as casetas estarán situadas nun espazo céntrico da vila.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “a convocatoria está  dirixida a persoas artesáns, produtoras  con capacidade para exhibir e vender produtos, creacións ou elaboracións do Nadal e no que terán unha maior presenza produtores e artesáns locais ou de zonas próximas. Así tamén se reservará un 20 por cento do espazo dispoñible, sempre que sexa posible, á gastronomía”.

As persoas interesadas en participar poden consultar as bases en https://ribadeo.sedelectronica.gal/board ou poñerse en contacto coa Área de Desenvolvemento Local de Ribadeo. Para tomar parte do mercado é requisito cumprimentar a documentación e presentala no rexistro do Concello antes do 4 de decembro. Asemade as persoas interesadas poden solicitar información complementaria a través do enderezo electrónico adl@ribadeo.org


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18182587623596