Ribadeo acolle o Congreso galego de Pediatría

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Out 2019

Os días 4 e 5 de outubro de 2019 celebrarase en Ribadeo o LXX Congreso Anual da Sociedade de Pediatría de Galicia (SOPEGA) que preside o ribadense Manuel Silveira.

Nestes congresos os pediatras presentan e comparten os casos máis interesantes do último ano que son fundamentais para actualizar coñecemento. Ademais intercambian información, ideas e mesmo desenvolven oportunidades de colaboración entre os distintos equipos.

En Ribadeo van contar coas primeiras figuras da pediatría estatal e doutras especialidades coma o profesor Carracedo, investigador e experto internacional en xenética.

Tamén na xuntanza anual, os pediatras galegos premiarán a unha sociedade ou a unha persoa que se teña caracterizado polo seu labor en favor da infancia e neste caso o galardón recaerá nas Fillas do Diviño Ceo que xestionan o Centro de Menores San Aníbal de Burela. 

Hai máis información dispoñible na web https://sopega2019.compostelacongresos.com. 

0.094691038131714