Ribadeo acolleu a primeira cita da liga de billarda nunha xornada moi competida
Por Daniel Rodríguez Saavedra
Fermoso domingo nos acolleu no campo de fútbol de Outeiro, no XVII aberto de billarda do Galo, torneo Vila de Ribadeo, correspondente a sexta xornada da LNB da conferencia NorLeste.
Volvemos así á competición billardeira onde os Carabullo, capitaneados polo seo Zurdo d’Ouro, Charli, coparon os primeiros postos tanto por equipos como individual.
Completaron o podio individual Sachas e Luis, que deixaron fóra a Markytos nun competido desempate, e por equipos foron os Troitas Bravas e os Billardeiros Musicais.
En donas gañou Alba seguida de Geni e Milagros, e en infantil Mateu, Mateo e Diego (este empatado con Martín no terceiro posto.
Por riba de competido, este aberto tivo un aquel moi emotivo, xa que na comida conxunta do tódolos palanadores, ofrecimos unha homenaxe a un dos billardeiros máis veteranos e admirados da LNB: o italo-galego Delfranco Mangiavacchi Santoni, alias Franco, que deixa de competir, aínda que agardamos que non de xogar de cando en vez.
Foi agasallado cunha fermosa placa dedicada do seu equipo, Billardeiros Musicais, e algún outro presente do resto de equipos.
As clasifiacións logo da sexta xornada quedan asi:
Individual:
- Sachas (Troitas Bravas) 128 p.
- Charli (Carabulllo) 115 p.
- Félix (Billardeiros Musicais) 111 p.
Donas:
- Alba (Troitass Bravas 95 p.
- Geni (Billardeiros Musicais) 70 p.
- Aroa (Billardeiros Musicais) 64 p.
Equipos:
- Troitas Bravas (A Pontenova) 466 p.
- Billardeiros Musicais (Ribadeo) 463 p.
- Carabullo (Ponte de Outeiro) 436 p.
Infantil:
- Mateu (Madia Leva) 96 p.
- Diego (Madia Leva) 90 p.
- Mateo (Troitas Brasvas) 60 p.
O vindeiro domingo día 26, agárdanos unha nova xornada en Castropol (Asturias).