Ribadeo agasalla ao alumnado cun exemplar da obra 'Made in Galiza' de Sechu Sende

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello agasalla a todo o alumnado ribadense de 4º de ESO e 1º de BAC cun exemplar da obra Made in Galiza, de Sechu Sende.
Captura de pantalla 2020 04 17 a las 10.24.00
27 Dec 2019

O Concello agasalla a todo o alumnado ribadense de 4º de ESO e 1º de BAC cun exemplar da obra Made in Galiza, de Sechu Sende. As persoas interesadas en facerse co libro poden recollelo na biblioteca municipal calquera destes días, agás os festivos. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “desde hai uns días o Concello agasalla a todo o alumnado ribadense que cursa 4º de ESO e 1º de BAC cun exemplar da obra de Sechu Sende Made in Galiza e tamén  poderán desfutar da versión que fan desta obra Os Quinquilláns o día 21 de febreiro co seu Language planning”

A edil dixo que “se trata dunha obra que nos convida a reflexionar sobre a nosa lingua, que é de lectura obrigada nalgún dos cursos para o segundo trimestre deste curso escolar”. E subliñou que “todo este alumnado de 4º de ESO e de 1º de BAC pode aproveitar estes días de vacacións para recoller o seu exemplar no horario de apertura da biblioteca municipal (de luns a venres de 10:30 a 13:00 e de 17:00 a 20:00, exceptuando os festivos)”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18774604797363