Ribadeo aproba a moción da plataforma sanitaria en defensa dun servizo de pediatría de calidade
Integrantes da Plataforma sanitaria da Mariña acudiron ao pleno celebrado no concello de Ribadeo no que se debateu de urxencia a moción en defensa do servizo de pediatría que este colectivo está a presentar en todos os concellos da comarca.
Segundo comenta Víctor Vila, portavoz da Plataforma, tras argumentarse a súa urxencia pola gravidade do problema e que fora rexistrada a primeira hora do luns 21 de xaneiro, foi aprobada a mesma por unanimidade. Desde esta plataforma queremos amosar “ os nosos parabéns a todos os grupos políticos da corporación municipal pola súa solidariedade con este grave problema sanitario que afecta a toda a comarca . Agardamos que en todos os concellos da comarcaestas mocións se leven a pleno e rematen en aprobación unánime tamén”.
Ao remate da sesión parte da corporación fixo unha foto coas camisetas do colectivo
Unha vez rematado o pleno, a maioría de concelleiras e concelleiros quixeron secundar tamén a campaña que días atrás propuxo o colectivo sanitario consistente en que as corporacións municipais fixeran unha foto levando a camiseta que a Plataforma Sanitaria sacou á venda co lema “ AQUÍ. AGORA. SEMPRE” acompañado do seu do logotipo . Con este signifícanse a favor dunha sanidade pública de proximidade, de calidade, universal e gratuita desde o primeiro momento , sempre , e sexa quen sexa o grupo político que goberne.Desde a Plataforma tamén” queremos agradecer a PSOE eremo BNG que se adheriran a esta campaña mercando e accedendo a fotografiarse coas nosas camisetas”- conclúe a coordinadora, Montse Porteiro.