Ribadeo arranxa a rúa Deputación

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
6 Xan 2020

O Concello de Ribadeo rematou as obras realizadas na rúa Deputación durante as últimas semanas e nas que investiu 5.100 euros. O alcalde ribadense, Fernando Suárez, salienta que se trata dun vieiro moi empregado por vehículos e peóns, e que agora dá gusto transitar por el.

O rexedor declarou que “nestes días deron remate unhas pequenas obras, que se fixeron desde o Concello, na rúa Deputación. Quizais non moi grandes polo seu importe, pero si moi importantes porque había diversos treitos desa rúa que estaban bastante deterioradas o cal ocasionaba un perigo e unha molestia, xa que é unha rúa moi concorrida por moitos viandantes, moitos turismos e outros vehículos”.

Suárez Barcia engadiu que “tivemos que ter esta rúa pechada durante un tempo considerable, precisamente nesta época de Nadal. Pero agora, xa aberta por fin e rematada, dá gusto pasear por ela con total normalidade e tranquilidade”.

0.20971584320068