Ribadeo axuda a acadar fondos da UE cun obradoiro para xerar proxectos de mar

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O vindeiro 20 de novembro desenvolverase en Ribadeo un obradoiro para a xeración de proxectos do mar.
Captura de pantalla 2020 02 04 a las 12.03.53
31 Out 2019

O vindeiro 20 de novembro desenvolverase en Ribadeo un obradoiro para a xeración de proxectos do mar. Está impulsado polo GALP dentro do proxecto GOBERMAR e no que colaborará o Concello.

Os obradoiros  están dirixidos a empresas do sector, confrarías, asociacións, persoas emprendedoras e público interesado en xeral co ánimo de fomentar o número de iniciativas susceptibles de presentarse á convocatoria de axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Nos encontros trataranse os seguintes temas: Obxectivos e ideas de negocio con posibilidades de financiamento. Detalle de proxectos produtivos financiados nos últimos 3 anos para o sector. As necesidades que se detectaron no traballo de campo (confrarías, asociacionismo e empresas). E haberá un Café-debate, un espazo aberto para identificar novas liñas de negocio nas empresas extractivas, transformadoras e comercializadoras.

O obradoiro desenvolverase o 20 de novembro desde as 18.00 horas na Casa de Xuventude de Ribadeo e as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse no correo electrónico gobermar.marinaortegal@gmail.com

0.093754053115845