Ribadeo comeza unha nova edición do programa Aquí? Como de 20!!!

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ribadeo comezará o vindeiro luns, 20 de xaneiro, o programa interparroquial que se ven realizando desde hai seis anos nos teleclubs e nas escolas unitarias das distintas parroquias.
16 Xan 2020

O Concello de Ribadeo comezará o vindeiro luns, 20 de xaneiro, o programa interparroquial que se ven realizando desde hai seis anos nos teleclubs e nas escolas unitarias das distintas parroquias.

O proxecto, denominado Aquí? Como de 20!!!, conta con dúas vertentes que son as Tardes de Lecer e o Movemento Activo. Durante esta semana procederase á inscrición das persoas que queiran participar en calquera das dúas actividades que son gratuítas.

O programa Tardes de Lecer desenvolverase nas parroquias de Ove, Vilaframil, Vilela, Cinxe, Rinlo, Cedofeita, Santalla, Remourelle, Vilaselán, As Anzas, Couxela e Ribadeo. 

As actividades terán lugar de 10.00 a 12.30 horas na Escola de Ove os martes e na Escola de Vilaframil os venres. De 15.30 a 18.00 horas na Escola de Vilela os luns, na Escola de Cinxe os martes,  na Escola de Rinlo os mércores, na Escola de Cedofeita os xoves e no Teleclub de Santalla os venres. Tamén haberá actividades de 18.30 a 21.00 horas na Escola de Remourelle os luns, na Escola de Vilaselán os martes, na Casa da Xuventude de Ribadeo os mércores, na Escola das Anzas os xoves e no Teleclub de Couxela os venres.

No momento da inscrición facilitarase o calendario das clases de ximnasia do programa Movemento Activo. Para calquera das actividades programadas en cada lugar terá que haber un mínimo de seis persoas para que se poida realizar.

As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao número de teléfono 652 98 40 54.

0.17313814163208