Ribadeo encárgase este ano da ofrenda na Festa dos Remedios de Mondoñedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
As festas patronais da Virxe dos Remedios en Mondoñedo celebraránse do 13 ao 16 de setembro e nesta ocasión, serán as autoridades ribadenses, é dicir, o alcalde ou a persoa en quen delegue, as encargadas de realizar a ofrenda floral, que desde 1938 presentan os antigos partidos xudiciais da diócese: Mondoñedo, Ferrol, Ortigueira, Ribadeo, Vilalba e Viveiro, que se van turnando nesta efeméride.
menu
2 sep 2019

As festas patronais da Virxe dos Remedios en Mondoñedo celebraránse do 13 ao 16 de setembro e nesta ocasión, serán as autoridades ribadenses, é dicir, o alcalde ou a persoa en quen delegue, as encargadas de realizar a ofrenda floral, que desde 1938 presentan os antigos partidos xudiciais da diócese: Mondoñedo, Ferrol, Ortigueira, Ribadeo, Vilalba e Viveiro, que se van turnando nesta efeméride. Normalmente o ofrecemento ten lugar ás 12 e está presidida polo obispo.

O segundo domingo do mes de setembro adoitan celebrarse estas festas que duran tres días alomenos e que están adicadas á patroa da cidade.

O día grande comeza coa saía das autoridades dende o consistorio ata chegar ao santuario dos Remedios onde se celebrará a misa da ofrenda. Despois da eucaristía, ten lugar a procesión, xeralmente acompañada coa música dunha banda de gaitas.

O día 13 comeza a festa cunha xornada de disc jockeys no Camiño de Santiago, o sábado actuarán Zafiro e Israel, o domingo 15 os grupos Galilea e Finisterre e o luns, 16, será o turno da orquestra Trébol.

Paralelamente terá lugar a novena xuntanza de cantos de taberna de Mondoñedo, ademais participará na festividade a banda de música Pascual Veiga da localidade mindoniense, así como tamén o grupo de jazz da escola de música O Pallarego, a agrupación musical Virxe do Carme de Ferrol e o coro Mestre Pacheco de Mondoñedo.

Non faltará o mercadillo dos Remedios e o segundo desfile do traxe tradicional.

 

0.074734926223755