Ribadeo investirá preto de 164.000 euros no arranxo de camiños en parroquias

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ribadeo sacou a licitación o arranxo de varios camiños de Covelas, Ove, A Devesa, Arante, Cedofeita e Couxela.
66338127_1661937877283443_6788014537938305024_n
19 sep 2020

O Concello de Ribadeo sacou a licitación o arranxo de varios camiños de Covelas, Ove, A Devesa, Arante, Cedofeita e Couxela. O investimento ascenderá a preto de 164.000 euros e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de outubro.

Concretamente están licitando a pavimentación con aglomerado asfáltico en Vilela, na parroquia de Covelas; un acceso principal ao núcleo de Ove; na Rochela e máis en Cinxe, que son na parroquia da Devesa; tamén nas Anzas, na parroquia de Covelas; en Queixoiro, na parroquia de Cedofeita; e máis en Igrexa, na parroquia de Couxela. Ademais deste aglomerado asfáltico, afirmaremos varios camiños con zahorra en varias pistas de Remourelle, que é da parroquia de Arante.

Todos estes camiños supoñen máis de cinco quilómetros de lonxitude, por un montante de licitación total de 163.800 euros, que se van sufragar a través da Deputación de Lugo e máis de fondos do Concello de Ribadeo procedentes do Plan Único.

O prazo para presentar ofertas será de vinte días, rematando o vindeiro 8 de outubro, e os licitadores poderán acceder a todo isto a través da Plataforma de Contratos do Estado e tamén da páxina web do Concello.

0.15200591087341