Ribadeo organiza unha xornada de trampeo de velutinas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
26 Feb 2020

O Concello de Ribadeo organiza unha xornada de trampeo de velutinas que se celebrará o vindeiro sábado, 29 de febreiro. A actividade terá lugar na Casa do Mar ás 16:00 horas.

Esta xornada enmárcase na campaña que leva a cabo a Concellaría de Medio Ambiente, coa colaboración da asociación Os Abelleiros, e que contempla tamén a colocación dunhas vinte trampas en espazos públicos do casco urbano para loitar contra a avespa velutina.

A concelleira Mónica Freire manifestou na presentación desta campaña hai uns días que “desde o Concello de Ribadeo estamos sensibilizados con este problema que supón a praga da velutina, non soamente pola súa incidencia no sector apícola, senón tamén polo que pode representar para a poboación en xeral”.

0.16452693939209