Ribadeo pon en marcha o programa A túa tenda a punto

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Concellaría de Desenvolvemento Local de Ribadeo vén de presentar A túa tenda a punto.
81065315_2412164065710647_1468241523689652224_n
18 Oct 2020

A Concellaría de Desenvolvemento Local de Ribadeo vén de presentar A túa tenda a punto. Trátase dun programa de formación e asesoramento individualizado dirixido ao pequeno comercio. Poderán participar, de xeito totalmente gratuíto, ata 20 establecementos que pertenzan ao sector do comercio polo miúdo e que teñan menos de doce empregados. O prazo de inscrición está aberto ata o 23 de outubro.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, anunciou que “en cada comercio se van realizar os seguintes traballos: un primeiro diagnóstico inicial de cada establecemento individualizado, a través do método DAFO, para detectar debilidades, fortalezas, ameazas, oportunidades e accións de mellora; unha fase de asesoramento personalizado que consiste no acompañamento individual aos comercios para a implantación desas melloras identificadas na fase anterior de diagnose; outra fase de formación que inclúe tamén a celebración de varias xornadas orientadas á adquirir novas competencias dixitais e potenciar o traballo conxunto entre os establecementos; unha fase de activación e de mellora que se concreta na definición dun plan individual por cada comercio que recolla as propostas para a súa mellora competitiva e que inclúa tamén accións a curto e a medio prazo; e finalmente unha fase de seguimento das accións propostas para a reactivación do comercio e a valoración do seu impacto e desenvolvemento”.

O concelleiro de Desenvolvemento Local declarou que “os establecementos participantes van poder dispoñer dunha persoa que lles asesore e que os forme en aspectos tan variados como a promoción das vendas, a renovación da imaxe, o emprego e adquisición de competencias nas novas tecnoloxías, accións de publicidade, márketing, innovación comercial, asesoramento nos novos canais de venda, escaparatismo e outro tipo de materias. É un proceso para profundizar, para adentrarse nunha nova etapa individualmente por cada negocio participante e que busca a procura da mellora dos resultados, a súa rentabilidade e tamén evidentemente a sostibilidade do noso comercio. Poderán participar neste programa, de maneira totalmente gratuíta, ata vinte establecementos que teñen que reunir unha serie de condicións como que estean ubicados fisicamente en Ribadeo, que pertenzan ao sector do comercio polo miúdo, que conten con menos de doce empregados e valoraranse tamén outros aspectos como a participación no proxecto, a súa motivación e implicación”.

Pablo Vizoso engadiu que “o prazo para a inscrición estará aberto ata o vindeiro 23 de outubro, na páxina web ribadeo.gal, na sección Facendo Concello e no enlace A túa tenda a punto. Nese apartado tamén se poden consultar as bases de participación e a folla de inscrición, aínda que para solicitar máis información tamén está a oficina da área de Desenvolvemento Local de Ribadeo no teléfono 982 128 650 ou no enderezo de correo electrónico adl@ribadeo.org”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12910509109497