Ribadeo prepara o quinto curso de música galega

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
9 Nov 2019

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, a Asociación Cultural Ronqueta e o grupo de gaitas Illa Pancha de Ribadeo están preparado o quinto curso de música tradicional galega que terá lugar os días 18 e 19 de xaneiro do ano que vén, 2020.

Para participar ou inscribirse canto antes, xa que ten moita demanda, convén poñerse en contacto co parte da organización no mal acronqueta@gmail.com.

Os encargados de impartir as clases serán Daniel Bellón, en gaita, Javier Feijóo 'Xisco', en canto e pandeireta e Kinhos Saburido en percusión.

A escola, aparte ofrece clases de música tradicional galega.

0.1971960067749