Ribadeo repartirá contedores de lixo específicos para os negocios

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
24 sep 2019

A concellaría de Medio Ambiente repartirá arredor de vinte contedores para uso exclusivo para os supermercados da vila e para os vendedores e vendedoras da praza de abastos, segundo ven de anunciar o edil Jorge Díaz Freije. Este departamento tamén actuará no perímetro do Forte de San Damián.

O edil ribadense dixo que “na concellaría de Medio Ambiente estamos a traballar en varias cuestións que queremos ir poñendo en marcha ao longo das vindeiras semanas e meses. Unha das primeiras será dotar de contedores do lixo aos supermercados da vila e aos vendedores e vendedoras da praza da abastas. Serán uns vinte recipientes para o seu uso exclusivo, que estarán perfectamente rotulados e contarán con peche. Serán eses establecementos os que se encargarán de sacalos á rúa cando rematen as súas xornadas de traballo e de recollelos ao día seguinte. Tamén correrá da súa conta a súa limpeza e o seu lavado”.

Para Jorge Díaz “deste xeito eliminaremos moitos cheiros innecesarios das rúas, sobre todo en época de calor”. O concelleiro de Medio Ambiente agarda repartir estes contedores ao longo do mes de outubro. 

0.10984802246094