Ribadeo saca a licitación o contrato de servizos de recollida selectiva e xestión do punto limpo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ribadeo ven de sacar a licitación o contrato de servizos de recollida selectiva a xestión de punto limpo.
18 Feb 2020

O Concello de Ribadeo ven de sacar a licitación o contrato de servizos de recollida selectiva a xestión de punto limpo. A duración será de tres anos máis prórroga doutro e o importe estimado ascende a preto de 400.000 euros. As empresas interesadas dispoñen ata o 19 de marzo para presentar as súas ofertas.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, explicou que “desde a Área de Medio Ambiente queremos informar que saíu publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación do contrato de servizos de recollida selectiva e xestión do punto limpo”.

O edil nacionalista contou que “a duración será de tres anos máis un de prórroga, cun valor estimado duns 400.000 euros. Este contrato leva a recollida dos envases do contedor amarelo, o cartón e os contedores azuis, a recollida do cartón porta a porta e máis a xestión do punto limpo”.

Díaz Freije engadiu que “queremos informar a todas as empresas ou todos os que soliciten información que está colgada na web do Concello, na área de licitación electrónica. As firmas interesadas teñen 35 días para a presentación das súas ofertas. O prazo acaba o 19 de marzo e quen desexe algunha información poden dirixirse tamén ao mesmo Concello ou o persoal de contratación”.

0.16813206672668