Ribadeo volverá ter unha cita coa astronomía os días 13 e 24 de agosto

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ribadeo colabora na organización dunha nova actividade de astronomía, como ven sendo xa habitual nos veranos ribadenses.
sabadoteatro
28 Xul 2020

O Concello de Ribadeo colabora na organización dunha nova actividade de astronomía, como ven sendo xa habitual nos veranos ribadenses. Este ano leva por título Congreso público. A Astronomía nas Rutas Xacobeas.

Esta nova cita, aberta a todos os públicos, consistirá nunha charla no Cine Teatro e unha posterior observación na Praza de España os días 13 e 24 de agosto. O día 13 a charla terá lugar as 21:00 horas e a observación as 22:00 horas, mentres que o 24 de agosto a charla será as 20:30 horas e as 21:30 terá lugar a observación.

Desde o Concello lembran que “por mor do covid o aforo estará limitado a 50 persoas cada día, polo que os interesados deberán de contactar coa Área de Medio Ambiente para apuntarse, ben chamando ao teléfono 982 12 07 01 ou no correo sostibilidade@ribadeo.org. Ademais, será obrigatorio cumprir coas medidas sanitarias vixentes no momento da actividade”.

Congreso Público. A Astronomía nas Rutas Xacobeas está organizado pola USC, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, Turismo de Galicia, Xacobeo 21 e Concello de Ribadeo.

0.2073450088501