Ribadeume comeza o venres as súas festas
TerraChaXa
O xoves 15 de agosto, a maiores da misa e procesión prevista para as 12.00 horas, haberá unha sesión vermú

5 Aug 2025
Ribadeume, nas Pontes, dá comezo o venres 9 ás súas festas na honra a Santa María e San Roque cunha verbena amenizada polos grupos Origen e Antha.
O sábado 10, a xornada festiva dará comezo ás 13.30 horas cunha misa e procesión acompañada por Canavella. Seguidamente, haberá unha sesión vermú prolongada, a cargo de CQC.
O xoves 15 de agosto, a maiores da misa e procesión prevista para as 12.00 horas, haberá unha sesión vermú prolongada amenizada por Maracuyá.